Páginas

viernes, febrero 09, 2018

POLO NOSO ENTROIDO BERCIANO MÁIS FESTIVALEIRO.


O NOSO VARIADO ENTROIDO BERCIANO.
por Javier Lago Mestre. 
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

    No século XXI destacan os carnavais nas vilas, casos de Ponferrada, Vilafranca, Fabeiro, Bembibre, Cacabelos, Camponaraia, A Veiga de Espiñareda, Carracedelo, Toural dos Vaos, Páramo del Sil, Tore do Bierzo, Arganza, Cabanas Raras, O Barco de Valdeorras, etc. Nestas vilas hai grandes e populosos desfiles, tanto  de neniñas coma de mozos e mozas, con grandes premios para as comparsas, mellores traxes e carrozas. 

Curiosidades do entroido berciano son: o sábado de Piñata, despois do mércores relixioso de cinza, onde continúa a festa carnavalesca, e maila Tarasca, máscara fea que dá medo aos pequerechos. O martes de entroido é o derradeiro día en que se come botelo, porque despois chega a Cuaresma coa abstinencia das carnes, música, sexo e festa. Na Ponte de Domingo Flórez é a localidade onde antes comeza o entroido o primeiro domingo de febreiro. Algunhas vilas chegan co seu entroido até o domingo de piñata.



OS ENTROIDO NOS ANCARES.

Mais nos pobos é onde estiveron os vellos entroidos. O antroido de Ancares era costume facer brincadeiras (bromas), así facían a mula cun disfrace que corría polos calexos e daba patadas aos viciños. Incluso os mozos e mozas podían ir ata pobos viciños, Sortes, Espiñareda ou Sorbeira para compartilo carnaval (J.R. Fernández González, Etnografía del Valle de Ancares, 1978). En Burbia tamén estaban os chamados Maranfallos vestidos de roupas vellas. Pola outra banda, en Moreda tiña lugar o desfile dos chamados Maragatos con refaixos de mulleres de la, con cada perna dunha cor. Ademais levaban caretas de cartón e perseguían ás mozas. Neste pobo había dous personaxes, A Frasca con cencerros que ciscaba cinza e A Xoroba con apéndice de palla. O chamado Domingo do Galo había pedimento de agasallos polas casas e corríase un galo polo rueiro. Coas viandas e cartos recollidos, ademais do galo, facíase o xantar comunal. En Suertes-Sortes disfrázanse de mula e vaca dous mozos que perseguen aos viciños e danlles cun mazo. 

Traemos eiquí un texto que recolle correlo entroido nos Ancares bercianos. "Alguis andaban armados con paus ou xostras e, como se de visiois se tratara, presentábanse onde un nun intre e comenzaban a repartir estacazos por entre mediasda xente (...)". Ademais recollemos outra referencia ao costume de botar lume polas ladeiras, "Unhos despregábanse polo abesedo casfrachas encesas, e outros, provistos con potes e cestos cheos de puxa, subían ladeira arriba e botábanos ardendo, deixando no sou rinchar un rastro de moxenas ó xeito dunha estera de meteorito (...)" (tomado de Aquilino Poncelas, O mestro púxose louco, 1995). Ademais, en San Pedro de Olleros había tres máscaras: a vaca, o touro e a mula que paseaban polo rueiro do pobo, coma homenaxe aos nosos animais.



OUTROS ENTROIDOS NA MONTAÑA BERCIANA.

No pobo da Baña na Cabreira tiñan máscaras con cara de cervo.  E en Igueña vestíanse con cara de maruxo ou maruxa. Mentres que a vaca foira xurdía en Noceda acompañadas dos Zarramacos vestidos con roupas vellas e percorrían o rueiro pedindo cartos polas casas (Joaquín Alonso González, "Bestiario popular: fantasía y creencia sobre los animales enla comarca del Bierzos", rvta. Studia Zamorensia, 1997). En Losada os mozos mollan ás mozas con auga con xeringas de salqueiro. Pola banda de Pobladura de las Regueras, unha moza vístese de home e un mozo de embarazada, en clara desputa entre sexos. En Robledo de Traviesas os disfrazados van polos pobos da contorna (Berciego, Trasmundo, Vilaverde e Vilar de Traviesas). En Palacios de Compludo os mozos botan fariña e auga ás mozas. Mentres en Salientes un mozo disfrázase de pastor en representación graciosa. Noutros pobos mineiros non falta o disfraz de mineiros tiznados de negro.

O ENTROIDO RURAL DE OENCIA.

En Oencia fórmanse grupos de Carantoños que teñen o chamado Requito ou xorobado cun saco de pele de cabra recheo de lá ou palla por xoroba. Os carantoños tralo baile coas mozas perseguen aos non disfrazados, acoso que só para cando toca a gaita. Tamén existía a Pellica de pele de coello rechea de trapos para pegar á xente. Os días máis festivaleiros eran o domingo e martes de entroido. Os xoves os mozos visten roupas vellas e fain ruído toda a noite. Preside o percorrido un neniño ou neniña vestido de branco que espanta os espiritos malignos e as ánimas. Ao final había cea con degustación dos produtos do gocho doados, licores  e viño. Remataban a cantar "come coiro, que se acaba o antroido". Ademais erguían o chamado Pau de antroido cun moneco que logo queimaban  (Javier Lerarte, Las peregrinas cosas del camino. Historias, leyendas y curiosidades del Camino de Santiago. 1999).  En Lusío elevábase un mástil na praza cun moneco de palla no alto que representaba unha persoa vella. A noite de carnaval préndese ese moneco para rematar co vello.



O antroido en Sobrado consistía na batalla das fachas (o martes). Os casados representan o Ben mentres que os mozos representan o Mal. Os casados portan xostras de encino acendidos e mailos mozos solteiros cos seus fachos de palla. Hai xostradas mútuas para apagar aos contrarios e gañarlles. Tamén había un árbitro que pon orde e castigos aos infratores. A contenda ten lugar no barrio da Veiga, o martes de carnaval ás 16 horas, e trala liorta hai xantar de tódolos combatentes que pagan os perdedores. No entroido en Vilarrubín izaban o Pau do Meco, viga cun moneco revestido de farrapos e colgado polo colo. O pau quedaba exposto durante 10 días ata o martes de entroido, os trtatantes de madeira facían propostas de compra do alto pau. Coa súa venda pagábase ao gaiteiro e mailo xantar popular. O meco baixábase e queimábase o martes. Para máis información ver Manuel Rodríguez e Rodríguez, Etnografía y folklore del Bierzo Oeste- Suroeste.    

TRADICIÓN ORAL SOBRE O ENTROIDO BERCIANO.

Temos este refrán "Entroido ao sol, Pascua ao tizón" (Se fai calor no entroido haberá friaxe na Pascua). Ademais desta canción de Quintela de Oencia, "Ei vén, ei vén, ei vén o carnaval, tan bonito como era, e deixárono escapar" (Xosé Lois Foxo, Cancioneiro de Oencia e contorna, 2013). Outros ditos alimentarios, "entroidiño larafuzán, comiche-la carne deixache-lo pan", con outra versión, "entroidiño larafuzan, comiches a carne e deixace-lo pan". Tamén "antroido á porta para comezar a cabeza do porco". O día grande, "martes lardeiro e domigo de pascua, cada larpeiro na súa casa" e "S. Matías coas súas artes fai caer o Antroido en martes". A poñerse a máscara, "en antroido disfraz de coiro".


O entroido competencia en "día de antroido echa a Pascoa" ou "entroido á raxeira, pascoa á lareira". Festa coma ningunha, "aí vén o entroido, é festa rachada, os nenos na escola faremos festa rachada", "en carnaval ningunha cousa está mal", "no entroido nada senta mal" e "vén antroido, vén axiña con máscara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo" . Sobre o fin do entroido, "adeus martes de entroido, unto vello e longaniza, escondeivos compañeiros, que hoxe é corte de linza".

OUTROS ENTROIDOS DE BISBARRAS VICIÑAS.
Vexamos algunhas tradiciois do entoido rural na Galiza. Para isto seguiremos o peculiar calendario do entroido. O domingo fareiro corresponde co día que botan cinza os viciños uns a outros. Noutras aldeas botan auga con xeringas (cichoto) de madeira de sabugo. O xoves de comadres as mulleres convídanse entre elas e colgan o pelele masculino (lardeiro). Mentres que o xoves de compadres acontece o mesmo co moneco feminino (lardeira). O domingo lardeiro ou de entroido fanse mascaradas ou cortexos de xente. O domigo chamado corredoiro había carreiras tralo galo. Por suposto as máscaras tamén saen o luns e martes de entroido. O mércores de cinza quéimase o entroido nas encrucilladas ou prazas. Cos fachicos de palla acendidos os viciños daban voltas á aldea. Tamén se popularizou o enterro da sardiña. 


Aproveitamos para facer un pequeno percorido polo fitos do entroido da Galiza. Destacan os boteiros e foliós con bombos de Viana do Bolo. Eiquí prodícese a colga do Lardeiro (moneco masculino) polas mulleres. Pola súa banda, xoves de compadres cólgase a Lardeira (moneco feminino). Seguen o domingo gordo, luns dos nenos, e martes de fariña presididos polos chamados boteiros. En Vilariño de Conso ten os xoves de comadres e compadres, nos cales fabrican os monecos do Lardeiro e Lardeira respectivamente. Estes monecos representan os sexos contrarios e son amosados de xeito burlesco polo rueiro. O martes de entroido hai xantar popular do cabrito e despois se queiman os ditos Lardeiro e Lardeira. 

  E podemos seguir baixando para A Gudiña, Riós co seu Vellarrón e Madama. Os cigarróns en Verín coas súas máscaras cos debuxos de lobos e zorros. Para ver os peliqueiros hai que viaxar a Laza. Tamén hai entroidos tradicionais cos seus Folios en Rubiá, Manzaneda, Pobra de Trives e na Ribeira Sacra. Os felos protagonizan o entroido en Maceda, os irrios en Castro Caldelas, os troteiros en Bande, os borralleiros en Cortegada, os charrúas en Allariz, etc. 


Non pasamos por alto nesta homenaxe ao entroido do noroeste peninsular  os carnavais de Zamora. Na zona de Lubíián celebran o seu entrudio. Salientamos do  Antruexo ou antruejo: O Tafarrón de Pozuelo de Tábara, A Visparra de San Martín de Castañeda, O Zangarron de Sanzoles, A Filandorra de Ferreras de Arriba, O Zangarrón de Montamarta, Os carochos de Riofrío de Aliste, Os Diablos de Sarracín de Aliste, A Obisparra de Pobladura de Aliste, A vaca bayona de Almeida de Sayago, Os cencerrones de Abejera, etc. 

FESTAS DE ENTRUDO EN PORTUGAL.

  Máis ao sul temos Portugal cos Carochos de Costantin, Chocalheiros de Bemposta, Belho de Valle do Porco, Diabos de Vinhais, festo dos rapazes de Aveleda, Caretos de Podence e o entroido de Macedo de Cavaleiros.

O concello de Pinhel celebra a 21º feira das Tradicioes (5 ao 7 de fevereiro de 2016) que conta coa exposiçao de produtos locais.



FESTAS GASTRONÓMICAS DE FEBREIRO.

Salientamos como festas gastronómicas deste mes o Botillo de Bembibre. No entroido hai numerosos pobos que festexan xantares populares, caso de Turienzo Castañero co seu entroido e xantar, da festa do cabrito en Vilalino de Conso. En bisbarras viciñas máis lonxanas temos Navia de Suarna coa festa da Androlla e Vilanova de Trives coa do chourizo. Os pobos rematan cos derradeiros embutidos porque logo comeza a abstinencia prepcetiva propia da Coresma católica. Pero en Sa Pedro Caatañero celebran a súa festa do botelo despois do mércores de cinza. En O Barco de Valdeorras consumen botelo e na Maragatería botiello. Non faltan tampouco os cachelos e o andullo.


INTENTOS DE REPRESIÓN CARNAVALESCA,

El carnaval o entroido son representaciones de cultura tradicional que enriquecen nuestro patrimonio etnográfico y artístico. Pero no debemos olvidar que también se perciben como manifestaciones de la rebeldía popular contra las instituciones controladoras. En períodos de auge del poder coercitivo conviene recuperar la esencia crítica del carnaval frente a otros valores lúdicos.

En la dinámica eclesial se inserta la regulación del calendario vital con patrones religiosos (adviento, cuaresma, pascua…). Fruto de ello tenemos las sucesivas celebraciones santorales que trataron de imponerse a las paganas. De los intentos de preeminencia de las fiestas católicas sobre las otras (civiles, agrícolas…) puede surgir el conflicto social.

La religiosidad popular se ha manifestado de diversas formas (romerías, creencias, conjuros, etc). Todo esto se ha percibido por la Iglesia católica como un problema de competencia desleal. De ahí los continuos intentos de asimilación o persecución por la religión oficial. 


Un ejemplo paradigmático es el caso de los carnavales o entroido berciano. La Iglesia sentía la amenaza de esta fiesta popular tan cercana a su período cuaresmal. A partir del miércoles de ceniza todo eran restricciones (fuera la carne, no al sexo, nada de fiestas, sin música, penitencia…). Pero el previo carnaval supone la crítica al ayuntamiento, la Corona y la Iglesia. Parece claro que estas instituciones no se mostraron siempre partidarias de esta fiesta popular que proclama que "en entroido ningunha cousa está mal".

La Iglesia astorgana perseguirá los entroidos bercianos, como queda de manifiesto en las visitas pastorales.  En Toreno, un visitador insta a su párroco a que los prohíba (1784), “y lo mismo los disfrazes que suelen hacer algunas mozas en las noches de carnestolendas y otras con el abuso y apellidos de farramacos” (Fco. Gonzaléz González, 1983). 



El obispado de Lugo, del cual dependían feligresías de El Bierzo oeste, emitió órdenes para reprimir las caretas. En 1777 se ordena a los párrocos que prohiban "todo xénero de bailes, disfraces e diversiones seculares e espectáculos impropios da gravidade, modestia e verdadeira devoción que debe resplandecer en tan sagradas funciones e lugares" (Isidro Dubert, 2007).

Por supuesto nuestros sucesivos monarcas absolutistas también participaron de estos intentos represores. Carlos V legisló continuadamente contra as mascaradas, en Cortes (1523) (J. Caro Baroja, El Carnaval, 2006), Cortes de Toledo (1534) y de Valladolid (1537). Otro tanto aconteció con Felipe II, nada de mujeres con rostros cubiertos (Cortes de 1586), bajo multas de 3.000 maravedís. Las razones de seguridad policial se intentaban imponer a la libertad festiva.

La teatralidad propia del siglo del barroco quizais fuese más permisiva con las mascaradas propias del carnaval. Luís de Góngora en una carta indica que "V. m. me huelga que me dé por señas del buen carnaval la ostentación de las damas" (febrero de 1619) 


En el siglo XVIII continuó la política represiva con los Borbones. Así se aprobaron diversas normas antimáscaras, en 1716 "que de pocos años a esta parte se han introducido en esta corte, imitando los carnavales de otras  partes", declarados contrarios "al genio y recato de la Nación española" (J. Caro Baroja, El Carnaval, 2006) y 1717, contra el uso de danzas con máscaras bajo penas de 1.000 ducados. Se legisló de nuevo, en febrero de 1745, contra los disfraces con máscaras en carnaval, con penas de 4 años de cárcel para los nobles y de galera para los plebeyos. En esta dinámica se prohibieron los bailes con máscaras en Cádiz (1776).

En el siglo XIX siguieron las normas restrictivas. La nueva moda de las fiestas enmáscaras de los afrancesados no fue bien vista por el absolutismo de Fernando VII. Nos consta que en 1835 se exigía permiso del gobernador civil para la utilización de máscaras en bailes públicos  (J. Caro Baroja, El Carnaval, 2006).


La dictadura franquista defendíó la doctrina católica como fundamento ideológico del régimen político. En este período histórico se aprobaron varias normas contra los carnavales.  Durante la guerra civil, el BOE de febrero de 1937, indica que, en base a la necesidad de "un retraimiento en la exteriorización de las alegrías internas", se "ha resuelto suspender en absoluto las fiestas en carnaval". Pero rematado el conflicto bélico, en enero de 1940, una nueva norma insiste en "resolviendo mantener la prohibición absoluta de la celebración de las fiestas de carnaval". Así se evitaba cualquier protesta lúdica contra el régimen totalitario.  

O Bierzo, febreiro de 2018.
www.obierzoceibe.blogspot.com
www.facebook.com/javierlagomestre

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

1 comentario:

  1. Ponferrada es zona bableparlante, no gallegoparlante, amigo mío. Por lo que hay que luchar es por la pervivencia del maltrecho bable y no del gallego que está perfectamente. No me extraña que no os hagan ni caso en ningún lado.

    ResponderEliminar