jueves, enero 11, 2018

REFRANEIRO BERCIANO DO MES DE XANEIRO.


REFRÁNS BERCIANOS DE XANEIRO.
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

"Ano novo, vida nova".
"Sol de xaneiro, sae tarde e ponse cedo".
“As berzas de xaneiro gustan a carneiro”.
"En xaneiro a berza se volve carneiro".
"Se en xaneiro frores, en maio dores".
"Por xaneiro frorece o romeiro".

SOBRE AS BONDADES DA NEVE DO MES DE XANEIRO:

“A neve de xaneiro, fai o pan no eido”.
"Neve en xaneiro enche a cuba, a tinaxa e o graneiro".
"Tantos días trona en xaneiro, tantos cuartais mide o cosecheiro".
"Xaneiro chorón, verao tronón".
"No menguante de xaneiro corta o teu madeiro" (polas boas cortas de madeira nos meses que contén a letra erre).
"No menguante de xaneiro, curta o teu madeiro" (a lúa menguante é boa para as cortas de madeiras).
“En xaneiro sete lobos no carreiro” (os lobos bajan de la montaña en busca de comida).
“Polos Reis (6 xaneiro), os días coñeceredes” (medran os días sobre a noite).
“Xaneiro xabreiro, febrero esmuriceiro, marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso, San Xoán claro, Santa Mariña dalle coa fouciña, agosto dalle co xostro, setembro come e vende”.

 
CHEGAN AS FORTES FRIAXES DE XANEIRO:

“En xaneiro, non te separes do braseiro”.
"En xaneiro, encende a avoa o braseiro".
“O sol de xaneiro, pouco duradeiro”.
"Se xea en xaneiro, chove en febreiro".
"O sol de xaneiro mete o can no palleiro".
“Sol madrugador de xaneiro, mete o can no palleiro”.
"O xaneiro é xiadeiro" (mes de xiadas).
"En xaneiro, frío ou templado, pásao arropado".
“En xaneiro, de día ao sol e de serán ao braseiro”.

O SAN ANTÓN E MAILOS SEUS ANIMAIS: 

“Dende San Antón (17 de xaneiro), unha hora máis de sol”.
"San Antón de xaneiro bon para comer e en tempo longueiro". 
"Por S. Antón un día máis"
"Polo S. Antón a boa galiña pon, e pola Candela (2 febreiro) a boa e a mala".
“En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”.
"San Antón carnestolendas son"
“Ata san Antón (17 de xaneiro) Pascuas son”.
“Por S. Antón non hai néboas que cheguen ás dúas” (as néboas son só mañaneiras).
“O polo de xaneiro a San Xoán é comedeiro”.


TAMPOUCO FALTAN AS CHUVEIRAS NESTE MES:

“As chuvias de xaneiro, traen ano de diñeiro” (a auga de inverno é boa para a seca do verán).
"En xaneiro a auga pola pena fai carreiro"
"Xaneiro chorón, verao tronón".
"Auga de xaneiro, cada pinga vale un diñeiro".

MÁIS SANTOS PROTETORES DO MES DE XANEIRO:

“Por S. Vicente (22 de xaneiro), o inverno perde un cliente” (a friaxe provoca falecementos). 
"Polo San Vicente, nin casa nin calello onde o sol nun entre" (o sol quenta en tódolos recunchos).
"Por Sta. Elvira (25 xaneiro) o inverno remata ou un mes tira". 
"Polo S. Vicente (22 de xaneiro) non hai lugar por onde o sol non entre" (Santiago Castelao Diñeiro, Vilafranca do Bierzo).
“Por S. Xulián (28 de xaneiro), garda o viño e garda pan”.
"polo San Sebastián (20 xaneiro) un día máis".
"San Pablo (25 de xaneiro) se converte e un ano enteiro adverte".

O Bierzo. xaneiro de 2018.
www.facebook.com/javierlagomestre

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es