jueves, julio 20, 2017

PROPOSTAS VINDICATIVAS A FAVOR DO GALEGO DO BIERZO.





PROPOSTAS REIVINDICATIVAS A PROL DA LINGUA GALEGA DO BIERZO.
Polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
O Bierzo, xullo de 2017
falaceibe@yahoo.es
obierzoceibe.blogspot.com

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo amosa varias propostas reivindicativas a favor da promoción do uso do idioma galego na nosa rexión estremeira. Este feixe de iniciativas serán presentadas e negociadas ante as institucioes e partidos tanto de Galiza coma do Bierzo.

MATERIA DE TOPONIMIA.
Obxetivo: Estudar e recuperar a toponimia tradicional da lingua galega do Bierzo.
Intervención: Elaboración dun mapa da rexión do Bierzo coa toponimia galega no ocidente.
Instrumento: Convenio de colaboración entre a Comisión toponímica de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para fixar os medios persoais, materiais e económicos.


MATERIA DE CULTURA.
Obxetivo: Fomento do uso público do galego no Bierzo para favorecer o seu prestixio.
1ª Intervención: Doazón de libros editados ou subvencionados pola Xunta de Galicia para as bibliotecas públicas do Bierzo, municipais e de centros escolares.
2ª Intervención. Publicación de campañas da Xunta de Galicia de fomento da leitura en medios de comunicación do Bierzo.
3ª Intervención. Que o Instituto de Estudos Bercianos, a UNED de Ponferrada e a Universidade de León, campus de Ponferrada ofrezan congresos e xornadas con relatorios en galego, así como publicacioes nesta lingua.
Instrumento. Convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Instituto de Estudos Bercianos, as universidades de Galiza, a UNED e ULE coa condición da presenza do galego, oral e escrito.

MATERIA DE TURISMO.
1ª Intervención: edición de folletos turísticos bilingües sobre os espazos naturais viciños (Os Ancares, Enciña da Lastra, O Courel, explotacioes auríferas do Sil, Camiño de Inverno, etc).
2ª Intervención: Sinalización en lingua galega das rotas entre os espazos naturais viciños entre Galiza e O Bierzo.
Instrumento. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Deputacioes de Lugo e Ourense e Consello Comarcal do Bierzo.


MATERIA DE USO ADMINISTRATIVO DEL GALEGO.
Obxetivo: Principiar a introdución do uso administrativo do galego nas administracioes locais do Bierzo, Consello Comarcal, concellos e pedanías.
1ª Intervención. Creación do Servizo lingüístico comarcal para promocionar o galego nas administracioes locais (documentación bilingüe, tradución, etc).
2ª Intervención. Oferta de cursos de galego para os funcionarios públicos.
3º Intervención. Presenza do galego nas páxinas web do Consello Comarcal e  municipais.
Instrumento. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello Comarcal do Bierzo.

MATERIA DE ENSINO DO GALEGO.
Obxetivo. Progresar na execución do galego nos centros escolares do Bierzo.
 Intervención. Ofertar a materia de galego voluntario nos centros escolares da Veiga de Valcarce e Carracedelo para garantir a libre eleción desta lingua polo seu alunado.


MATERIA DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
1º Obxetivo. Iniciar a presenza do galego nos medios de comunicación do Bierzo.
2º Obxetivo. Maior información sobre a rexión do Bierzo na RTVG.
1ª Intervención. Publicidade institucional en galego da Xunta de Galicia nos medios de comunicación (tv, radios, xornais tradicionais e dixitais). Isto pode acontecer coas campañas do Xacobeo, promoción do galego, fomento da leitura, etc.
2ª Intervención. Creación dunha Plataforma da lingua galega na internet que teña secioes para os territorios estremeiros (Navia-Eo, O Bierzo, As Frieiras da Seabra e Val de Elas).
3ª Intervención. Que a RTVG informe máis sobre a problemática do galego nos territorios estremeiros.

MATERIA DE ESTATUTO LEGAL DO GALEGO.
Obxetivo. Reivindicar un maior estatus legal de proteción do galego nos territorios estremeiros.
1ª Intervención. Presentar iniciativas polítidas (PNL) a prol do galego estremeiro nas Cortes Xerais (ensino, medios de comunicación, administracioes locais, etc).
2ª Intervención. Pedimento do recoñecemento da oficialidade do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León. 
3ª Intervención. Apoiar a futura Lei de Linguas do Estado para que protexa máis o galego dos territorios estremeiros. 


REAL ACADEMIA GALEGA. 
Obxetivo. Que a RAG recoñeza periódicamente a achega dos falantes dos territorios estremeiros e estranxeiros no Días das Letras Galegas.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es