sábado, junio 10, 2017

REFRANEIRO DA REXIÓN DO BIERZO, MESES DE MAIO E XUÑO


REFRANEIRO BERCIANO DOS MESES DE MAIO E XUÑO,
por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,

REFRAIS DO MES DE MAIO OU DA CRUZ:

              OS TROCOS DE TEMPO EN MAIO.
“Chova en maio, anque non chova en todo o ano”.
"Días de maio, días do diaño, non dan para facer un pote de caldo".
“En maio, queima a vella o tallo” (porque aínda hai días de moita friaxe).
"En maio, queima a vella o saio" (El habla de Toreno, de Fco. Glez Glez).
“Xaneiro xiabreiro, febreiro muriceiro, marzo airoso e abril chuvioso, sacan o maio frorido e fermoso”.


ROMARÍA VIRXE DE LLAMAS DA CABREIRA.

“Maio pardo e San Xoán (xuño) claro”.
"Se vai bon tempo nas festas de Catroventos (polo 1 de maio neste barrio de Ponferrada), as de Flores do Sil están chafadas (na seguinte fin de semana polo mal tempo)".
“Maio pardo e San Xoán claro, sinal de bo ano” .
"Ceo ovellado, solo mollado" (en Teixeira, pola ameaza de chuvias"
“Maio granaio, xuño segaio e xullo maiaio” (referencias mensuais ao gran, á sega e á maia).
"Cando marzo maiea, maio marcea".
"No mes de maio, mes da maldición, a penas sae o sol xa se pon".
"Non quites a roupa ata a Ascensión (14 de maio), e despois quite e pon" (S. Castelao Diñeiro).



OS CONSELLOS AGROGANDEIROS DE MAIO.
"Chuvia pola Ascensión (14 de maio), nin boa faba nin bo melón".
"Se chove pola Ascensión, o trigo criará morrión".
"Auga de maio, pan para todo o ano".
"En maio come a vella cereixas ó lume"
"En maio medra o tallo" (Encinedo).
"En maio, millo sementado, cal enxoito cal mollado"
"En maio o garabanzal, nin nado nin por sementar".
"Maio, foz en man, xullo, foz no puño" (Toreno do Bierzo).
"Pasa maio, polo pan, que detrás vén S. Xoán, e logo Sta. Marina (18 de xullo) e hai que coller a fariña".


MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE MONTES

"Maio hortelano, moita palla e pouco grano"
“Corre maio polo pan, e detrás vén S. Xoán, e detrás Santa Mariña para segar a gabeliña”.
“En maio, na corte trema o cabalo” (recolla de Fernando Bello Garnelo)
“Mes de maio, mes de maio; cando fai calor, a cebada está granada, o centeo anda en flor”
"Perexil de maio, perexil para todo o ano" (tempos de perexil).

AO ABEIRO DOS SANTIÑOS DO MES:
"Se chove pola Ascensión (14 de maio), corenta días de chuvia son"
“Polo San Matías (14 de maio), igualan as noites cos días”.
“Pola Cruz, a viña reluce” (A Cruz son os primeiros de maio).
"Polo S. Matías (14 de maio) anda co antroido ás porfías" (competencia sobre quen é antes).
"Polo s. Bernardino (20 maio) quen cavou cavou" (remata o tempo das cavas agrarias)
“O que queira boa coiña, sembrea no menguante de Santa Mariña” (18 de maio)
"Ata pasado S. Xermán (28 de maio) non digasque teñes nin viño nin pan" (polos tempos  loucos maio)
"S. Isidro (15 de maio) labrador leva a chuvieira e trae o sol".


REFRAIS DE DO MES XUÑO OU SAN XOÁN.
“En San Xoán as dez con día dan” (porque escurece máis tarde).
"San Juan (24 de xuño) amenaza, y S. Pedro (29 de xuño) echa de casa" (referencia a la terminación de los alquileres en Bembibre).
"S. Antoño (13 xuño) é un santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo" (da bisbarra do Courel).
“Ata san Antón (13 de xuño), Pascuas son”.
"Malo se por S. Bernabé non deixou de chover".
"Polo S. Silveiro (20 de xuño) coídate de tomar o sol sen sombreiro" (quenta moito xa o sol).
"Tarde ou temprau, por S. Xoán (24 de xuño), adiantouse o verau".
"En xuño o día 21 (entrada do verán) é logo como ningún" (polo día máis longo do ano).
"Xuño, claro e fresquiño, para todos é bendito"
"Xuño ao principio chuvioso, anuncia verán caloroso".
"En xuño choverá pero antes tronará".


CONSELLOS AGROGANDEIROS NO MES DE XUÑO.
"Por S. Xoán a sardiña molla o pan" (son tempos de sardiñadas).
“Augas de San Xoán (24 de xuño), quitan viño e non dan pan”.
“San Antoño (13 de xuño), San Antoñin, garda o nos rebañín”.
"Cando xuño chega, busca a foz a sega chega".
"A bima de S. Xoán, sen abono dá pan" (con pouca laboura abundancia de froitos no campo).
“Por S. Xoán (24 de xuño) a sardiña unta o pan” (pola abundancia deste peixe na alimentación).

O Bierzo, xuño de 2017.


 www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es