lunes, enero 18, 2016

REFRÁNS DO MES DE XANEIRO NA REXIÓN DO BIERZO,


REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN DO BIERZO OESTE,
Por Xabier Lago Mestre, colectivo Fala Ceibe do Bierzo.

Noutro artigo anterior vimos xa o refraneiro xeográfico da rexión berciana. Agora recompilaremos parte do refraneiro labrego, na lingua galega do Bierzo occidental , na súa variedade local berciana. Refraneiro territorial propio que relaciona o calendario relixioso e mailo labrego das tarefas agrarias, gandeiras e cinexéticas.

REFRÁNS BERCIANOS DE XANEIRO.
"Ano novo, vida nova". 
"Sol de xaneiro, sae tarde e ponse cedo".
“As berzas de xaneiro gustan a carneiro”.
"En xaneiro a berza se volve carneiro".


Sobre as bondades da neve dos mes de xaneiro: 
“A neve de xaneiro, fai o pan no eido”.
"Neve en xaneiro enche a cuba, a tinaxa e o graneiro".
"Tantos días trona en xaneiro, tantos cuartais mide o cosecheiro".
"Xaneiro chorón, verao tronón".
"No menguante de xaneiro corta o teu madeiro" (polas boas cortas de madeira nos meses que contén a letra erre).
"No menguante de xaneiro, curta o teu madeiro" (a lúa menguante é boa para as cortas de madeiras). 
“En xaneiro sete lobos no carreiro” (os lobos bajan de la montaña en busca de comida).
“Polos Reis (6 xaneiro), os días coñeceredes” (medran os días sobre a noite).
“Xaneiro xabreiro, febrero esmuriceiro, marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso, San Xoán claro, Santa Mariña dalle coa fouciña, agosto dalle co xostro, setembro come e vende”.  


Chegan a fortes friaxes de xaneiro: 
“En xaneiro, non te separes do braseiro”.
“O sol de xaneiro, pouco duradeiro”.
"O sol de xaneiro mete o can no palleiro".
“Sol madrugador de xaneiro, mete o can no palleiro”.
"O xaneiro é xiadeiro" (mes de xiadas).
"En xaneiro, frío ou templado, pásao arropado".
“En xaneiro, de día ao sol e de serán ao braseiro”.


O San Antón e mailos animais: 
“Dende San Antón (17 de xaneiro), unha hora máis de sol”.
"Por S. Antón un día máis"
"Polo S. Antón a boa galiña pon, e pola Candela (2 febreiro) a boa e a mala".
“En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”.
“Ata san Antón (17 de xaneiro) Pascuas son”.
“Por S. Antón non hai néboas que cheguen ás dúas” (as néboas son só mañaneiras).
“O polo de xaneiro a San Xoán é comedeiro”.


Tampouco faltan as chuveiras neste mes:
“As chuvias de xaneiro, traen ano de diñeiro” (a auga de inverno é boa para a seca do verán).
"En xaneiro a auga pola pena fai carreiro"
"Xaneiro chorón, verao tronón".

Máis santos protectores do mes de xaneiro:
“Por S. Vicente (22 de xaneiro), o inverno perde un cliente” (a friaxe provoca falecementos). 
"Polo San Vicente, nin casa nin calello onde o sol nun entre" (o sol quenta en tódolos recunchos).
"Polo S. Vicente (22 de xaneiro) non hai lugar por onde o sol non entre" (Santiago Castelao Diñeiro, Vilafranca do Bierzo).
“Por S. Xulián (28 de xaneiro), garda o viño e garda pan”.

O Bierzo, xaneiro 2016.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es