martes, julio 28, 2015

AS FESTAS DO MES DE XULLO NO BIERZO.


FESTAS DO MES DE XULLO NA REXIÓN DO BIERZO,

por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

FESTAS DE SAN CRISTOBAL-CRISTOBO.

Este santo pasaba á xente dunha a outra banda dun río. Hornixa celebra as súas festas de San Cristobal (10 de xullo), ao igual que a ferroviaria Toural dos Vaos e mailo S. Cristobal de Valdueza na suba para o porto do Morredero. Viladecais, Cubillos del Sil, tamén no barrio ferroviario da Estación en Ponferrada, 

NOITES TEMPLARIAS DE PONFERRADA.

  Na primeira semana de xullo, coincidindo coa lúa chea, celébranse as chamadas Noites Templarias. Recreación histórica da presenza dos cabaleiros templarios no Bierzo. Esta orde militar estiveron no castelo de Ponferrada e na encomenda de Pieiros. Até o ano 1308 estos cabaleiros estiveron na nosa rexión co pretexto de defender o camín de Santiago dos ataques mouros. Nesa dita data son expulsados do Bierzo e as súas posesiois territoriais pasaron á Coroa, a cal logo foi esnaquizando estas propiedades mediante doazois á nobreza alidada.


Outras representacióis históricas teñen lugar en Matachana, coa súa feira medieval (18 de xullo) e as festas romanas de Ludus Bergidum Flavium en Cacabelos (31 de xullo até o 2 de agosto).  

FESTAS DE SANTA MARINA.

Os viciños Lago de Carucedo e mailo viciño Vilarrando festexan Santa Marina o 18 de xullo. Outras localidades son: Igueña, Santa Marina de Torre, Santa Marina del Sil,  Valboa, a capital municipal de Barxas, Ferrerías na Veiga de Valcarce,  Manzanal del Puerto, Santalla do Bierzo, etc. Tamén a bisbarra viciña da Cabreira ten en Sigueya a festa de Santa Marina. A recuperada aldea de S. Adrián de Valdueza revive as súas festas de Santa Marina o 18 e 19 de xullo



FESTAS DA VIRXE DO CARME. 

Salientamos as festas en S. Román de Bembibre (16 de xullo) e Sobrado no val do río Selmo. Festas do Carme (16 ao 20 de xullo de 2015) no barrio ponferradino da Placa, onde viven moitos exferroviarios e traballadores dos antigos cargadeiros de carbón (Gaiztarro, Antracitas de Fabeiro...), Palacios de Compludo, etc. Sen esquecer a festa tamén na localidade da Baña na Cabreira.

ROMARÍAS DE XULLO.

Romaría de Santa Isabel (primera fin de semana de xullo) en Bárcena do municipio de Fabero. Outra romaría se realiza en Vilar dos Barrios (11 de xullo) coa compaña dos pendois veciñais. Romaría de Valdesantiago en Turienzo Castañero (19 de xullo). Unha romaría que vai a máis cada ano é a do pantano de Bárcena en recordo das localidades asolagadas de Bárcena e Posada do Río polo réxime franquista. Hogano tivo a presenza de pendois da rexión do Bierzo que lle deron moito colorido e animación por mor dos pendoneiros. 



FESTAS DA MADALENA,

Santa María Madalena foi a irmá de Lázaro e Marta, e foi a que limpou os pés  de Xesús en penitencia pola súa vida anterior. Moi celebradas en Viladepaos (22 de xullo),  Pradilla no concello de Toreno, Paradaseca, Perexe en pleno Camín de Santiago. A Veiga de Espiñareda, Cobrana no concello de Congosto, Arnadelo no val do Selmo onde non faltan os xogos de bolos (19 ao 22 de xullo), Riego de Ambrós no Camín de Santiago, etc.

FESTA DE SANTA ANA. 
Celégrase en Cabanas Raras (26 de xullo), Burbia na comarca da Somoza, barrio de la Fuente en Bembibre (31 de xullo até o 2 de agosto).



FESTA DE SANTIAGO APOSTOLO.

Festas en O Carril, na entrada do val do río Selmo, Fontoria no municipio de Fabeiro,  Valouta máis aló do porto de Ancares, Villar de las Traviesas nas faldras da serra do Xistreo, Villavieja-Vilavella na antiga meirindade de Cornatelo, Silván no concello de Benuza, lugar de Labaniego en municipio de Bembibre, barrios da Estación e Socuello na villa de Bembibre, Librán en Toreno, Peñalba de Santiago que aproveita para facer unha representación medieval con traxes de época e fogueira pola noitiña, Valdecañada en Ponferrada, Tombrio de Enriba, Santa Cruz del Sil, barrio de Flores del Sil en Ponferrada aproveita a festa do viciño, etc.  Vilafranca do Bierzo realiza a súa feira de Santiago con postos de artesanía, cerámica e venda de allos temporeiros.  Tombrio de Enriba ten a mesma festa.

Na rexión do Bierzo houbo celebraciois tamén en Carracedo, ermida de Valdesantiago xunta Ponferrada, capela de Santiago en Vilaboa-Villabuena, igrexa de Santiago en Vilafranca, Pontepetre en Oencia, ermida de Santiago en Val de Finolledo e Santiago en Fontoria. Na bisbarra de Valdeorras honraron a este santo en Forcadela, Correxais, Petín, ermida de Santiago de Sobradelo, xa destruída, e en Rubiana.    



OUTRAS FESTAS DA REXIÓN DO BIERZO.

Celebración principal de Vilela é Santa Marta (29 de xullo) onde existe a tradición milagreira de pasar os neniños por debaixo das andas da Santa. Ésta é a patroa das amas de casa e dos camareiros, pois mentres atendía o seu fogar, servía aos convidados da súa irmá, a Madalena, e escoitaba a Xesús. A mesma celebración ten lugar en Córgomo, na bisbarra de Valdeorras. Festa de S. Facundo (29 de xullo).A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de agosto). Carracedo de Compludo realiza filandois pola noite coa recuperación de vellos contos da tradición oral. 

Las Ventas de Albares e o barrio de Puente Nuevo de Bembibre celebran xuntos a Virxe das Neves (o 30 e 31 de xullo e o 1 e 2 de agosto).



FESTAS NAS BISBARRAS VICIÑAS.

Feira do viño en Viloira á outra beira do río Sil xunta O Barco de Valdeorras (11 e 12 de xullo) onde se ofrecen os caldos da terra. Feira medieval de Veigamuíños e Tremiñan (18 de xullo) con varios postos de artesanía principalmente. A capital de Valdeorras tamén celebra San Cristobo con procesión de camióis engalanados. A mesma festa acontece na cercana Quereño, estación ferroviaria da Ponte Domingo Flórez. Festa coveira na localidade de Arcos (11 ao 12 de xullo de 2015). Portela do Trigal, na Carballeda, celebra Santa Ana (11 e 12 de xullo). San Vicente, no concello de Vilamartín, ten as súas festas (11 e 12 de xullo). Festa do Came (16 de xullo) en Vilela, no concello de A Rúa. 

En Folgoso do Courel celebran a festa da Tradición  (25 de xullo) con descenso de carrilanas e deportes autótonos (lanzamento de sacho, chave...). En Cabeza de Manzaneda (domingo 26 de xullo) ten lugar o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, xa van na súa 6ª edición, onde se xuntas gaiteiros de todo o Estado.


Na comarca da Cabreira celébrase a súa festa territorial (11 de xullo de 2015) na localidade de Nogar, onde haberá concentración de pendois, discursos oficiais dos políticos, xantar comunal e actuaciois musicais. A bisbarra da Cepeda celebra a súa festa territorial para o 25 e 26 de xullo.En Astorga ten lugar a recreación histórica das loitas entre romanos e astures (25 e 26 de xullo). 

A REXIÓN DO BIERZO, XULLO DE 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es