jueves, abril 16, 2015

REFRÁNS DA REXIÓN DO BIERZO NA NOSA LINGUA GALEGA.


REFRÁNS DA REXIÓN DO BIERZO, DOS MESES DE MARZO E ABRIL,
polo Colectivo Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

REFRAIS BERCIANOS DO MES DE MARZO:
“Onde vexas culebra en marzo, verás neve en maio”.
“Marzo sacou a vella ao sol, e matouna dun pedazo”.
“Cando marzo maiea, maio marcea”.
“Polo S. Xosé (19 de marzo), deces e merenda ao pé” (obriga de dar comida ás dez da mañá e merenda aos xornaleiros ao ser os días máis longos).
“Marzo airoso, abril chuvioso, sacan o maio florido e fermoso”.
“Marzo igularzo” (porque se igualan os días e as noites).


“Ollo á perdiz, se canta en marzo, ano feliz” (os bos presaxios do canto da perdiz).
“Marzo anidarzo, abril huévil e maio paxaraio” (sobre a reproducción das aves).
“Se marzo vén ao revés, nin deixa pastor nin res”.
“A culebra en marzo, a neve en maio” (relación de calor en marzo e frío en maio).
“Cando marzo volve o rabo, non deixa ovellas con pelexo, nin pastor deszamarrao”.
“Sol de marzo mata a dama no pacio” (sol de marzo traizoneiro).
“Polo vinte de marzo dá o sol unha sombriña e xa canta a anduriña” (chegan as anduriñas).

Sobre os trocos bruscos do tempo:
“Marzo marzán, pola mañá cara de rosa, e pola tarde cara de can”.
"Marzo marcial, de día cara de gocho e de noite cara de can".
“Marzo marcial, de día cara de cocho, de noite cara de can”
"Marzo louco, se malo é un día pior é o outro".


Consellos agrogandeiros do mes:
"Horta de marzo, cesta no brazo"
"Marzo amola e abril esfola".
 “Se ronca ou trona en marzo, apreta a cuba con mazo” (preparación da cuba de viño).
“Marzo espigarzo e abril espigas mil” (sobre augurios de boas colleitas).
“Se marzo volve o rabo, adeus ó teu gando”.
“Ralva en marzo, bima en S. Xoán, sembra en outubro e collerás pan”.
“O que queira ovellas catro, rapeas no mes de marzo”
"Cada cousa no sou tempo, i o aire no mes de advento".



REFRANEIRO DO MES DE ABRIL:
“En abril augas mil, pero que caiban todas nun barril” (pola xusta caída de augas).
“Se queres ovellas mil, rapa en abril; se queres ovellas catro, rapa en marzo”.
“Cando entra o sol en Aries, crecen os días e múdanse os aires”.
“En abril augas mil” (O Bierzo é un país moi chuvioso).
“Choiva para vos todo o ano, e para min en abril e maio” (malos desexos para os demais).
“Entroido o sol, Pascua o tizón”.
“O que queira ovellas mil, rapeas no mes de abril”
“Polo san Xorxe (23 de abril), nin na terra nin no pote” (polos garabanzos, segundo Fernando Bello Garnelo).
“Se queres ter bon millo, por San Marcos (28 de abril) nin nacido nin no saco.
“Mañás de abril, deixa de máis durmir” (polas mañás de moita chuvia).
“Se o cuco canta o vinte de abril, é que está enfermo ou vai morrer”.
“Pascuas marcíais, fames e mortandades”.
“En abril, espigas mil”.  

REXIÓN DO BIERZO, ABRIL DE 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es