viernes, marzo 20, 2015

REFRANEIRO DE FEBREIRO NA REXIÓN DO BIERZO.


REFRANEIRO DO MES DE FEBREIRO NO BIERZO,
por Xabier Lago Mestre.
colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)
.
"Xaneiro e febreiro son bo tragadeiro" (os animais comen máis sen pastos, provocan máis gastos á economía labrega).
""Xaneiro xiabreiro, febreiro trapalleiro, marzo picoso, abril amoroso, sacan o maio forido e fermoso".
“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
“Febreiro merendeiro”.
"Auga de febreiro, cada día un centeiro".
"Si chove en febreiro, , bon cebadeiro" (boa colleita de cebada).
“Se malo é xaneiro, pior é febreiro”.
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
"En febreiro entra o sol en calquera regueiro e en marzo en calquera garzo".
"Auga de febreiro fai bo palleiro" (bo pra os cereais que virán).
"Entroido barbudo cando has de vir, martes cando has de ir".


Refráis dos nosos animais:
“En febreiro busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
"En febreiro, anda a loba no riceiro, sete a sete no carreiro" (por Santiago Castelao Diñeiro).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
"O febreiro quente trae o demo no ventre" (a calor de febreiro é mal presaxio).
"Sementa avea en febreiro se queres sacar diñeiro".


Pedimentos para os santiños do mes:
"Por S. Brais unha hora máis".
 "Por  S. Brais os teus allos sementarás".
 "Por S. Brais a cigoña verás".
 "Mociños a S. Brais que festas non veñen máis" (pola cercanía da Semana Santa),
"Polo s. Brais (3 de febreiro), hora e media máis" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez)
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.
"Cando a Candeloria ri o inverno vén aí, cando a Candeloria chora o inverno xa vai fóra, e anque ría ou anque chove, aínda quedan corenta días de mala sona".
 "Polas Candeas, quel chores, quel deixes de chorar, medio inverno fóra".
“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).

O Bierzo, marzo de 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es