martes, septiembre 30, 2014

COÑECEMOS OS PEIXES? POR MANUEL GONZÁLEZ PRIETO.


Coñecemos os PEIXES a través das coplas de Sarmiento?
Mergullemos entón.
por Manuel González Prieto.



Panchoces e xardas,
polbos e abadexos,
buraces e sollos,
escachos e reos.

Catro mans a branca
ían os xurelos,
de tres as xoubiñas
antonte; que prezo!





Robalos e raias,
curuxos e meros,
Cabalas e barbos,
e mais bucareos.


de tranchas, moi poucas,
rodaballos menos.
lenguados a pote
airoas sen termo.




Significado e tradución ao castelán dalgún dos peixes citados nas coplas.
Abadexo, airoa, buraz, panchoces/xardas/buraces, reo, robalo, rodaballo, sollo e trancha

Abadexo: Peixe mariño da familia dos gádidos, de cor tirando a verde no lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos ata os douscentos metros de profundidade e que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude. Castelán: Abadejo.

Airoa: Peixe da familia dos anguílidos (Anguilla anguilla), de corpo longo e cilíndrico, cuberto por escamas moi pequenas e unha substancia viscosa, co lombo negro e o ventre prateado na fase adulta, que vive nos ríos e se vai reproducir ao mar. Castelán: Anguila.

Buraz: ollomol pequeno. Castelán: Pancho.

Panchoces, xardas e buraces: Peixe mariño de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre. Castelán: Caballa.


Panchoces: Son uns peixiños de barriga ancha.
Xardas: Uns peixes maiores que sardiñas e moi saborosas.
Buraces: Creo son os panchoces e con moitas espiñas.
(Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega; J.L. Pensado Tomé; 1970)

Reo: Peixe de cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar, e torna ao río onde naceu para desovar. Castelán: Reo.

Robalo: Robaliza grande. Peixe mariño de corpo alongado, cor gris prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne moi apreciada que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos. Castelán: Lubina.


Rodaballo: Peixe mariño de corpo aplanado case circular, sen escamas e cuberto de tubérculos óseos, ollos no lado esquerdo da cabeza e cor xeralmente castaña agrisada ou verdosa con puntos amarelos ou negros por arriba e abrancazado por abaixo. Castelán: Rodaballo.

Sollo: 1.Peixe mariño de grandes dimensións e peso, corpo e fociño alongados e placas óseas facendo de escamas, que nace nos ríos e é moi apreciado polas súas ovas, coas que se elabora o caviar. Moi abundante en Galicia, hoxe en día case extinguido. Castelán: Esturión. 2. Peixe mariño duns sesenta centímetros de lonxitude, corpo romboidal, ollos sobre o lado esquerdo da cabeza, pel con escamas cicloides, de cor castaña clara ou verdosa. Castelán: Solla.

Trancha: Peixe duns quince centímetros e cor azulada no lombo e prateada no ventre, que ten as escamas da zona ventral dispostas a modo de quilla. Castelán: Espadín.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es