miércoles, octubre 13, 2010

TERMINOLOXÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO RURAL DO BIERZO.


TERMINOLOXÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO RURAL DA REXIÓN DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre, do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.



TERRAS DE LABOR:
LEIRO, EIRO, EIRÍN, unha terra preparada para o cultivo. Os máis pequenos poden aproveitarse para prados.
LORO, LORALLO, terra estreita e longa en Ancares.
CORTIÑA, heredade destiñada ao cultivo de legumes e cereais, xeralmente pechada.
HORTA, terra cercana á casa adicada a árbores frutais de pequena extensión.
PRADIAR, terra de labor que se deixa un ano ou dous para prado en Ancares.
POULO, POULA, POULELLO, terra deixada sen cultivo, en barbeito.
SERNIAS, AGROS, terras para panes de cultivo de cereal.
EIXIDO, terra de cultivo á saída do pobo, cercada con marcos.
PUMAR, horto con frutais.

MONTES:
BOUZAS, ROZAS, terreos queimados para o posterior cultivo comunal polos concellos.
QUIÑON, SUERTES, porcióis ou lotes de terreo de pequenas dimensióis que se distribuían despois das rozas e bouzas entre os veciños do concello.
UCEDOS, CARBEDOS, MATOEIRAS, TOXAL, CARQUEIXAL,
MORTEIRA, boscaxe vello.
CARBALLEIRAS, SOUTOS, ABELEIROS, BIDUEIROS, SALGUEIRAL, FRESNEDAL.
DEVESAS, para pasto do gando, para obter madeira, leña e follaxe.

PRADOIROS:
LAMARGAS, LAMARGUIZOS, son prados humidos.
PASTEIROS, son os mellores prados, soen estar nas ribeiras dos ríos.
LAMEIRO, prado de herba.
PRAUS, PRADEIRÓIS, PRADEIRAS, PRADAIROS, PRADALLOS, PRADUixos.LÓIS, PRADÓIS, dan herba en primavera, e despois da sega e a malla no verán dan unha segunda herba en outono (setembro).
CEIBAS, terras recén segadas que quedan libres para pasto.
BRAÑAS, ALZADAS, zonas de pasto en terras altas que se podían alugar a rebanos de ovellas merinas de Castela e Estremadura.

OUTRAS TERRAS:
AIRAS, zonas para mallar.
CAMPAS, LOMBOS, cordais entre vales.
CHANOS, CHAOS, chairas altas.
CEMBAS, terreos baixos.
GRANDELOS, RANCADELOS, terreo de escaso valor e moi pedregoso.
CHARCUZO, terreo encharcado, pantanoso.
FRAGOSO, terreo costo e pedregoso.
TORNIA, terreo alongado e estreito.
SOLANO, terro exposto ao sol.
ABESEDO, terreo oposto ao sol.
COUTO, terreo pechado ou prohibido.

OS LINDEIROS:
MARCOS, lindeiros con pedras fincadas que separan terras de labor.
MOXOIS, TESTIGAS, MURIAS, LINDES, MARCAXE, ESTREMA, DERREGA, ESTREMEIRO.
BARDAS, BARDÁIS, sebe de sebe vivo, vexetal.
SEBE DE FORQUETOS, sebe de rebolo.
SEBE DE LATAS, de tablas.
TRABAS CON VARAÍS, atadas con corras, biortas.
SEBEIROS, que separan pastos.
MURIOS, de muros.
CANCELAS, CANCELOS, PORTELAS, PORTELOS, distintas entradas de fincas.


O Bierzo, outubro de 2010.
www.obierzoceibe.blogspot.com
www.facebook.com/xabierlagomestre
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.partidodelbierzo.com

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Leyendo el titular parece que dicho vocabulario se emplea en todo El Bierzo cuando solo es de una parte de dicho territorio.

Seamos rigurosos por favor.

3:54 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home