lunes, enero 18, 2010

SOBRE O PROTOCOLO XERAL DE COLABORACIÓN XUNTA-JUNTA.


COMUNICADO DE FALA CEIBE DO BIERZO
SOBRE O PROTOCOLO XERAL DE COLABORACIÓN
ENTRE A XUNTA DE GALICIA E MAILA JUNTA DE CASTELA E LEÓN.



O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo, de defensa da cultura e a lingua galegas na rexión, informa que o vindeiro mércores 20 de xaneiro vai sinarse en Santiago un Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e maila Junta de Castela e León. Este texto fará referencia a diversos aspectos: saúde, fogos forestais, Xacobeo, ensino do galego, comunicacióis terrestres e demais. Pero moito nos tememos que dito Protocolo esqueza o tema da recepción da Televisión Galega Dixital nos territorios estremeiros de Navia-Eo, O Bierzo e As Portelas da Alta Seabra. Dende o apagón analóxico na rexión berciana xa nos sintonizamos as emisióis da TVG.


Fala Ceibe lémbra aos medios de comunicación de Galiza que hai un movemento social amplo que demanda o mantemento da recepción do sinal da TVG na rexión berciana. Incluso, pola presión de esta demanda colectiva, xa se debateu unha proposición non de lei sobre esta problemática nas Cortes de Valladolid a finais do ano 2009, que foi rexeitada polo Partido Popular. Ao mesmo tempo, diversas queixas sobre este particular estanse tramitando ante os diversos defensores autonómicos, casos do Valedor do Pobo de Galiza, o Procurador del Común de Castela e León e o Defensor do Pobo estatal.


Ademais Fala Ceibe indica que as Cortes Xerais están preparando una Lei Xeral da Comunicación Audiovisual que permitirá que se poidan ver as televisióis públicas autonómicas noutras comunidades autonómicas veciñas. Así xa se aprobou unha emenda a esta Lei que permitirá sintonizar as ditas televisiones públicas en territorios lindeiros onde haxa “afinidades lingüísticas y culturales siempre que así lo acuerden mediante convenios (…)”.

Por todo o cal, ao abeiro desta Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, Fala Ceibe do Bierzo demanda, tanto á Xunta de Galiza e maila Junta de Castela e León, que se inclúa nese Protocolo Xeral de Colaboración interautonómico un apartado expreso referido á recepción da TVG nos ditos territorios lindeiros con Galiza.


Fala Ceibe do Bierzo fai un chamamento público aos medios de comunicación de Galiza, que asistan á rolda de prensa que se celebrará durante a firma do dito Protocolo Xeral de Colaboración interautonómica, para que pregunten sobre a resolución definitiva desta problemática televisiva. Esta sería a mellor forma de cumprir coa axeitada labor social que teñen os medios de comunicación de Galiza. Agradecemos a atención prestada a este comunicado.

O Bierzo, xaneiro de 2010.
www.obierzoceibe.blogspot.com
Tfno. 695344293.


http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.partidodelbierzo.com

1 Comments:

Anonymous Peperos VS Bierzo said...

Reunión de peperos, oveja muerta.

5:08 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home