jueves, septiembre 17, 2009

POESÍA DO VILAFRANQUIÑO RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE


COMPLEXO CULTURAL-LITERARIO GALEGO-BERCIANO.
RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE E BÁLGOMA (VILAFRANCA, 1919- VIGO, 1968)
POEMA CANEIROS:
¡Na barca dos Caneiros,
que ben están
as ondiñas do mare
que a morrer van!
Betanzos do meu xeito
veas pasar
pola Ponte de Pedra
feita un cantar
Teñen posto o luceiro
da mocedá,
e os arbres ben floridos
hanas buscar.
Barcas as betanceiras
vanse a correr,
aló polos caneiros
pra non volver.
Prateiros de Bergondo
hanas enxoitar,
coas plumiñas do vento
que ben están.


O Bierzo, setembro de 2009.